27.9.21

UN AXUDANTE DE CLASE moi especial

 Hoxe quero presentarvos a PISTACHO

Pistacho é o noso axundate de clase, con el conseguimos achegar imaxes e cousiñas pequenas a todxs os nenxs da clase, a través da pantalla da aula.

É a nosa cámara HUE HD e os nenxs de primeiro B decidiron que PISTACHO era o nome axeitado, por qué será?




26.9.21

TRAZADO DE MINÚSCULAS

Novo curso, novos retos...

Comezamos a adquirir a escritura de minúsculas, temos que afianzar o trazo e a direccionalidade. Para iso empregamos diversos recursos e diversos medios...







SSSSSHHHHHHH.....

Escribimos e practicamos 
nas ventás da clase.

É o noso segredo 😉

HORA DE LER

 Todos os días temos no noso horario 25 minutos adicados a desenvolver lecturas: lecturas para todxs, compartidas, silenciosas, en papel, dixitais...

Nos temos os martes coa mestra Rosa, os venres coa teacher Linda e o resto de días da semana coa profe Lucía.

Comezamos este curso acompañadxs de ESTEISI Y PIMIENTO xunto coas súas estravagantes aventuras, son lecturas sinxelas, curtas, tipo comic escritas en letra maiúscula. 




Nunca deixedes de ler

LER CREA SOÑOS

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA

 O pasado día 9 de sestembro, comezamos unha nova aventura.

Eu como mestra cambio de especialidade (despois de moitos anos sendo AL) e os meus alumnxs cambian de etapa (comezan educación primaria)

Creo que dito cambio merecía unha benvida á altura. Unha benvida chea de maxia e de ilusións por vivir.




A noite antes de vir ao cole recibiron unha carta chea de ilusións e acompañamento para este curso, xunto cuns polviños máxicos que nos axudarían a afrontar o primeiro día de clase. 




Pero non podía quedar así, ao chegar a clase a benvida tiña que ser igualmente especial.





Chexs de ilusións comezamos este novo curso: 

2021-2022