Amosando publicacións coa etiqueta corpo humano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta corpo humano. Amosar todas as publicacións

6.11.22

O NOSO CORPO


 O equipo de investigadores de segundo B está profundizando na Aprendizaxe de anatomía, parte fundamental para o desenvolvemento de determinadas investigacións.



Estas semanas pasadas realizamos montaxe de diversos corpos humanos, e comprobamos que todos son distintos pero iguais, xa que contan con moitos elementos comúns: esqueleto, músculos, cerebro, sistema circulatorio, sistema respiratorio...



Fixemos a súa composición con puzzles do corpo, o sistema circulatorio e o esqueleto, onde colocamos o nome de numerosos osos que xa coñecemos: craneo, úmero, fémur, costelas, cúbito, radio, tibia, peroné, falanxes, pelve, vertebras...





Noutra das sesións tivemos a sorte de poder experimentar cun ESTETOSCOPIO, si, ese aparello extraño que usa a pediatra, non sabemos moi ben para que. Pois é para explorar o interior do noso corpo: comprobar si o noso ritmo cardiaco é axeitado, si a nosa respiración ten un ritmo estable e sen elementos que a obstruan...




Escoitamos o corazón dxs nosxs compañerxs e no noso.

Pero as experiencias co noso corpo aínda non rematan aquí. A semana pasada a profe apareceu cunha caixa chea de cachibaches, camisetas, tarxetas e tablets.

Materiais de body planet

Gracias ás aplicacións destes recursos, a través da Realidade Aumentada podeimos disfrutar dunha maravillosa viaxe polo interior do noso corpo: ver o esqueleto, o corazón... e incluso descubrir por qué todos temos embigo.



Ti sabes por que?

Foron un par de semanas moi emocionantes aprendendo, a través da experimentación cousas increíbles sobre o noso corpo.


23.1.22

REPASAMOS OS MÚSCULOS

 Esta semana seguimos aprendendo cousas sobre o noso corpo. E tras coñecer múltiples ósos, imos agora cos músculos.


Tras ver o video, serás quen de colocar cada un no seu lugar?


Os músculos
, una ficha interactiva de wendholin

liveworksheets.com

16.1.22

REPASAMOS O ESQUELETO

 A semana pasada introducimos na clase de ciencias o esqueleto, así é como se chama o : CONXUNTO DE TODOS OS ÓSOS DO NOSO CORPO.

Lembrades a canción do esqueleto?



E agora imos facer un pequeno repaso para afianzar os nomes dos ósos máis importantes.


28.11.21

O NOSO CORPO

Rematamos a semana cunha clases de ciencias moi, pero que moi especial.

Tivemos un modelo que vestiu a comiseta de Body Planet e coas tablets da biblioteca, puidemos ver como se fixo a maxia.

MAXIA? 

Si, si, mirade as fotos que temos a continuación.


Coas tablets puidemos descubrir como é o noso corpo por dentro, gracias á realidade aumentada: vimos os esqueleto: as vertebras, as costelas, a caixa torácica e o esternón. Pudimos observar os pulmóns, así como o sistema dixestivo ao completo.




Durante o mes de decembro seguiremos profundizando no corpo humano, aínda queda moito por aprender!