25.9.22

PATIOS ACTIVOS

 A semana pasada o profe Noel fíxonos a presentación das caixas que formarán parte dos patios activos. 


En qué vai consistir? 
Disporemos, durante unha semana, dunha caixa con material para levar a cabo diferentes xogos. Ademáis vai acompañada das súas intrucións de uso por si non lembramos con claridade a explicación que nos deu o profe Noel sobre como se xogaba con cada material.



.

Esta semana comezamos, estades preparados? 
Aquí tedes un recordatorio das instrucións.



8.9.22

RECREOS RESIDUOS 0

 Ola familias.

Como comentei na reunión inicial este curso, dende o centro, imos apostar pola redución de residuos no planeta, aportando o noso gran de area intentando reducir os desperdicios das nosas merendas.

Imos traer a nosa merenda nun recipiente reutilizable, evitando papel, plásticos... e as botellas de auga trataremos que sexan reutilizables.

Aquí vos deixo o folleto do programa RESIDUOS 0 para maior información. Tedes tamén a proposta de calendario de merendas.



Entre todxs teremos un mundo máis feliz!



7.9.22

Horario

 Ola familias!

Aquí tedes o horario coa distribución de materias para este curso 2022-2023.

Mañá faremos un para levar a casa.

Seguimos cos preparativos!!!

5.9.22

REUNIÓN INICIAL

 Aquí tedes a recopilación da información facilitada na primeira reunión, con todo o que precisades para este inicio de curso.

Deixovos a lista de material mais a man por si se  despista a folla en papel.

E por outra banda información básica de funcionamente de centro/aula.

Preparadxs para o reencontro?

4.9.22

INICIO DE CURSO 2022-2023

 Tres, dous, un... COMEZAMOS!

Xa estamos quentando motores para o inicio de este curso 2022-2023. 

Comezamos mañá luns coa reunión inicial coas familias, para informar e resolver calquera dúbida que poida xurdir neste comezo.

Espérovos ás 13:00 na nosa aula.