31.3.23

COMO SE FAI O VIÑO?

Na materia de ciencia sociais traballamos diversos oficios e profesións, e aproveitamos para invitar ás familias do noso alumnado para que nos conten en que consisten os seus traballos.

Nesta ocasión visitounos Rubén, o papá de Inés. Rubén é Adegueiro na adega Altos de Toroña e tivemos a sorte de que nos contou con moito detalle como é a elaboración do viño.


Moitísimas grazas Rubén!

29.3.23

SAÍDA FLORES TOXAL

 Como broche de ouro á nosa unidade das plantas, e en colaboración co Proxecto Documental de Centro: A Guarda é vida, o pasado 24 de marzo visitamos a empresa Flores Toxal. 

Unha empresa encargada de distribuir flor cortada por todo o territorio español.


Aquí aprendimos moitísimas cousas das plantas, as súas partes, como  medran, como as conservan tras ser cortadas e como van cambiando de sitio a medida que van medrando.


Non hai nada como aprender experimentando.




7.3.23

AS PLANTAS

 Rematamos co animais, pero agora temos algo moi interesante que descubrir, o mundo das PLANTAS.


Herba, arbusto, folla caduca, talo, froito... cantas palabras liosas... 

Que vos parece se facemos un repasiño?



Seguro que agora está todo moito máis clariño.





5.3.23

SAÍDA A APÍPOLIS

 Ola rapazada, o próximo venres día 10 de marzo faremos unha saída moi especial...

Ahí vai unha pista...


Siiiii, imos de excursión a...

 APÍPOLIS!!!

Que é apípolis? 

Apípolis é unha granxa de abellas, onde aprenderemos cousas sorprendentes de estes insectos.

Pero para levar algo sabido, que vos parece si vemos uns videos sobre estes bichiños tan importantes na natureza...

Aquí volo deixo.




Con toda esta info xa estamos preparados para comezar a nosa expedición.

COMEZA A CONTA ATRÁS!

3.3.23

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 Este ano profundizamos un pouquiño mais na obra de Rosalía de Castro, lembramos a súa vida e a súa obra.

E recitamos un dos seus poemas: Airiños, airiños, aires...


Pinchade no enlace para escoitar a nosa interpretación: