27.9.26

CALENDARIO, TEMPO, DÍAS DA SEMANA, MESES DO ANO...

O noso rexistro do tempo

Cada mañá, na aula, dedicamos un anaquiño a observar o ceo e descubrir que tempo fai. Rexistramos no noso calendario mensual do tempo, unha rutina sinxela que nos permite traballar moitas aprendizaxes de maneira significativa.

Este momento tamén nos serve para orientarnos no calendario: repasamos que día é, en que mes estamos e que día da semana corresponde, afianzando pouco a pouco estes conceptos tan importantes en 1º de Primaria.

Pero o noso rexistro non remata aí.  Ao finalizar cada mes, observaremos todos os datos recollidos e faremos as nosas primeiras estatísticas: contaremos cantos días fixo sol, cantos choveu ou cantos estiveron anubrados, compararemos cantidades e analizaremos os resultados. Así, a partir dunha rutina diaria, achegámonos tamén á interpretación de datos e á matemática dunha maneira moi visual e próxima.

E como aprender cantando sempre resulta máis divertido, deixámosvos tamén as cancións dos días da semana e dos meses do ano que estamos utilizando na aula, para que poidan escoitalas e practicalas tamén na casa.

Pouquiño a pouco, entre calendarios, cancións, observacións e números, seguimos aprendendo a organizar e comprender o tempo que nos rodea. 

23.9.26

AMIGOS DEL 10

Estos días estamos trabajando en clase los amigos del 10, es decir, aquellas parejas de números que, al juntarse, forman una decena: 1 y 9, 2 y 8, 3 y 7… hasta llegar a 5 y 5.

Para que este aprendizaje sea lo más manipulativo y comprensible posible, hemos realizado diferentes actividades en el aula. Hemos trabajado con la casita del 10, hemos utilizado palitos y, poco a poco, iremos incorporando otros materiales que nos ayuden a componer y descomponer la decena de distintas formas.

El objetivo es que los niños y niñas comprendan realmente qué significa formar una decena y que vayan interiorizando estas combinaciones de una manera natural, visual y divertida.

Además, para ayudarles en este proceso y hacer el aprendizaje todavía más motivador, hemos creado la canción de “Los amigos del 10”. 

Podéis escucharla en casa siempre que queráis. Solo tenéis que hacer clic en la imagen que os dejamos a continuación.

¡Esperamos que os guste y que nos ayude a seguir aprendiendo también a través de la música! 

BENVIDOS/AS A ANAQUIÑOS DA MIÑA AULA

 Benvidos a un novo curso! 

Comezamos o curso 2026-2027 cunha aula chea de ilusión, sorrisos e, sobre todo, moitas ganas de aprender e compartir xuntos.

Pouquiño a pouco iremos coñecéndonos, descubrindo todo o que somos capaces de facer e enchendo a nosa clase de experiencias, xogos, retos, lecturas, descubrimentos e momentos especiais. Porque aprender tamén é preguntar, equivocarse, probar de novo, axudarnos e celebrar cada pequeno logro. 

Temos por diante todo un curso para medrar xuntos, facer novos amigos e gozar de cada aventura que nos agarda.

Aquí está o noso pequeno gran equipo, preparado para comezar!

Benvidos e benvidas a Anaquiños da miña aula!

Que comece a aventura do 2026-2027!

7.9.26

HORARIO ESCOLAR

 Compartovos o horario semanal do alumnado de 1ºB de Educación Primaria para este curso 2026/2027.

Deste xeito, podedes consultar facilmente a distribución das diferentes áreas ao longo da semana.


Lembrade: Mércores e venres deben traer roupa cómoda e calzado deportivo para realizar educación física.
GRACIÑAS

6.9.26

REUNIÓN INICIO DE CURSO 2026-2027

Comezamos un novo curso/a cargado de ilusión.

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder á presentación:

Aquí tedes o calendario de merendas, para que vos quede mais a man.

Ao longo desta semana subiremos o horario actualizado.
Estades preparados para comezar esta nova aventura?
Vémonos o mércores ás 8:35, lembrade abrir o sobre máxico.a



6.2.26

APROXIMACIÓN A LA DECENA Y A LA CENTENA

 Durante esta semana estuvimos haciendo aproximaciones a las decenas y a las centenas más cercanas. Para poder hacer estos ejercicios, con éxito, es fundamental tener bien interiorizada la recta numérica.

Os dejo un vídeo explicando el proceso y con algunos ejercicios para practicar.