6.11.22

O NOSO CORPO


 O equipo de investigadores de segundo B está profundizando na Aprendizaxe de anatomía, parte fundamental para o desenvolvemento de determinadas investigacións.



Estas semanas pasadas realizamos montaxe de diversos corpos humanos, e comprobamos que todos son distintos pero iguais, xa que contan con moitos elementos comúns: esqueleto, músculos, cerebro, sistema circulatorio, sistema respiratorio...



Fixemos a súa composición con puzzles do corpo, o sistema circulatorio e o esqueleto, onde colocamos o nome de numerosos osos que xa coñecemos: craneo, úmero, fémur, costelas, cúbito, radio, tibia, peroné, falanxes, pelve, vertebras...





Noutra das sesións tivemos a sorte de poder experimentar cun ESTETOSCOPIO, si, ese aparello extraño que usa a pediatra, non sabemos moi ben para que. Pois é para explorar o interior do noso corpo: comprobar si o noso ritmo cardiaco é axeitado, si a nosa respiración ten un ritmo estable e sen elementos que a obstruan...




Escoitamos o corazón dxs nosxs compañerxs e no noso.

Pero as experiencias co noso corpo aínda non rematan aquí. A semana pasada a profe apareceu cunha caixa chea de cachibaches, camisetas, tarxetas e tablets.

Materiais de body planet

Gracias ás aplicacións destes recursos, a través da Realidade Aumentada podeimos disfrutar dunha maravillosa viaxe polo interior do noso corpo: ver o esqueleto, o corazón... e incluso descubrir por qué todos temos embigo.



Ti sabes por que?

Foron un par de semanas moi emocionantes aprendendo, a través da experimentación cousas increíbles sobre o noso corpo.


1.11.22

TOUPICIENCIA

 Entramos no mes de novembro, mes no que se conmemora o "MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR" e dende BiblioPepiño en colaboración co equipo de Dinamización da Lingual Galega imos disfrutar dun obradoiro do mais científico.


TOUPICIENCIA CHEGA Á SANGRIÑA