23.1.22

COMPRENSIÓN LECTORA

 Pasiño a pasiño imos avanzando na lectura e na comprensión de todos os textos que chegan ás nosas máns. 

ANÍMASTE CON ESTE TEXTO?




ECOPATRULLA

 O venres foi a nosa quenda de ECOPATRULLA, equipo de limpeza do noso patio. 

Collemos o carriño e colocamos os distintos cubos para clasificar o lixo atopado no patio.


Colocamos as luvas e saímos a inspeccionar que zonas do patio están mais cheas de lixo e procedemos a súa limpeza.


Tras rematar a actividade reflexionamos sobre que podemos facer para manter o noso medio ambiente máis limpo e chegamos a unha conclusión...



ENTRE TOD@S PODEMOS TER UN MUNDO MOITO MELLOR!

REPASAMOS OS MÚSCULOS

 Esta semana seguimos aprendendo cousas sobre o noso corpo. E tras coñecer múltiples ósos, imos agora cos músculos.


Tras ver o video, serás quen de colocar cada un no seu lugar?


Os músculos
, una ficha interactiva de wendholin

liveworksheets.com

16.1.22

REPASAMOS O ESQUELETO

 A semana pasada introducimos na clase de ciencias o esqueleto, así é como se chama o : CONXUNTO DE TODOS OS ÓSOS DO NOSO CORPO.

Lembrades a canción do esqueleto?



E agora imos facer un pequeno repaso para afianzar os nomes dos ósos máis importantes.


12.1.22

NÚMEROS ATA O 20


Seguimos practicando números ata o 20, esta vez contamos peixiños, caramelos... e colocamos ao seu carón o número axeitado.
Números hasta el 20

Agora escoitamos os números e prememos no número correcto.


E rematamos este pequeno repaso colocando en orde os números nas diferenes rectas numéricas.

Recta numérica, an interactive worksheet by rocioptsevilla
liveworksheets.com

LETRA N

 Seguimos avanzando na aprendizaxe de novas letras. 

O seu son, grafía en maiúsculas e minúsculas, o seu nome... Esta vez é a quedan do N.



10.1.22

REPASAMOS OS NÚMEROS

 Imos facer un repaso dos números do 0 ao 20.

En primeiro lugar imos ver todos os números ordenados.

 Segundo vaian pasando debes dicir o seu nome:


E agora imos enunciar todos os números, pero esta vez están desordenados.
Preparad@s???


Podes velo as veces que sexa necesario.



9.1.22

RECORDATORIO NORMAS COVID

 E nun abrir e pechar de ollos as vacacións de nadal están a piques de rematar.
Mañá voltamos á escola con moita incertidume, temos con nós a sexta onda da pandemia. A incidencia de contaxios por covid está en aumento e estamos vendo que a súa velocidade de transmisión é tremendamente rápida, polo que dun xeito gráfico me gustaría recordarvos as normas que debemos seguir de xeito moi estricto durante estes días:

1. Debemos levar en todo momento a nosa máscara posta, só a poderemos quitar en momentos puntuais e mantendo distancia de seguridade entre os compañeir@s:

2. Levaremos a cabo a desinfección de mans en varios momentos da mañá para garantir a súa hixiene:


3. No momento da merenda, que se levará a cabo na hora do patio, na zona exterior, manteremos a distancia de seguridade cos nosos compañeir@s:


4. É moi importante levar a cabo unha valoración diaria no fogar, e si temos algúns dos síntomas compatibles co covid(tos, mocos, malestar...) comunicalo ao centro e falar coa pediatra:


Entre tod@s faremos que a volta á escola sexa segura.