20.2.22

ENTROIDO COS BOLECHAS

 Mañá comeza unha semana chea de actividades, cores, animación e diversión. Mañá comeza o ENTROIDO  na escola, pero... sabedes que é o entroido?

No seguinte documento Os Bolechas cóntannos que é o Entroido: unha festa para celebrar o inicio da primavera. Pero... dependendo de a quen lle preguntemos poden darnos algunha explicación diferente.

Explícannos tamén cales son os puntos de Galicia onde hai maior tradición de Entroido e como o celebran en cada localidade.

E finalmente recollen diferentes cancións, estrofas, refráns e adiviñas relacionadas con esta celebración.

Se tedes un ratiño non deixedes de investigar porque está moi pero que moi interesante.

18.2.22

O NOSO XARDÍN

 Antes de comezar quero agradecer a todas as familias da miña aula a súa colaboración, sen elas non sería posible poñer en marcha este proxecto. 


O pasado mércores apareceu a clase chea de plantas, cun gran cartel anunciando O NOSO XARDÍN, nel atopamos diferentes plantas que nos axudarán a investigar e coñecer mellor o seu mundo.


Na nosa primeira sesión xurdiron múltiples dúbidas que trataremos de resolver ao longo do desenvolvemento deste proxecto:



Estamos preparad@s para comezar a investigación e a tope de ilusión.

ENTROIDO

 A próxima semana estará cargada de emocións , disfraces e diversión.

Chega o Entroido á nosa escola, estades preparad@s?

Aquí vos deixo un recordo dos mandatos do noso Meco.

Preparados, listos.... FESTA!

15.2.22

DÍA DA AMIZADE

 O pasado día 14 de febreiro celebramos o Día do Amor e Amizade.


Cada un de nós escribimos nun corazón unha palabra bonita para un dos nosos compañeiros. 


Preparamos un o sobre e puxémolas todas no buzón de aula.


Repartimos e cada un de nos tivo a súa palabra bonita dun dos seus compañeir@s.


Pequenas tarefas que unen o noso grupo. E fan que destaquemos cousas bonitas dos nos@s compañeir@s.

12.2.22

SERES VIVOS - SERES INERTES

 Na clase de ciencias naturais tivemos unha chea de tarxetas de cousas, animais, plantas... tivemos que separalas en Seres Vivos e Seres Inertes, pero... que era iso?

Esta foi a primeira aproximación:


Tras facer unha posta en común sobre os coñecementos previos conseguimos chegar a unha conclusión e así saber cales son as principais características de cada un deles e poder facer unha clasificación axeitada e sen erros.



Xa na seguinte sesión centrámonos nos Seres Vivos: Os que nacen, se alimentan, medran e morren.

E clasificámolos sen erros en tres grandes apartados:

PERSOAS - PLANTAS E ANIMAIS

E tras esta sesión xurdiu a dúbida... que pasa se poñemos unha legume nun algodón con auga???

Alguén xa sabía que unha lentella medra, pero... e se poñemos unha faba ou un garabanzo???

Probamos e....


A MÁXIA DA VIDA


11F DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O mes de febreiro caracterízase por moitas celebracións, pero unha das mais importante é a visibilidade da muller e das nenas como científicas, xa que a investigación é a ciencia non dependen de si somos homes ou mulleres.

Enterámonos de que o día 11 de febreiro se conmemoraba esta data porque recibimos un paquete de Pepiño.

Xunto ao paquete había unha morea de libros de diferentes mulleres científicas, abrimos a caixa e atopamos unha nova misión:


Investigar sobre cinco mulleres que foron, ou son fundamentais na ciencia a nivel mundial.



Collimos a nosas folla de recopilación de datos e baixamos ó hall do centro no que se atopaba unha exposición de mulleres BRAVXS montada polo Equipo de Biblioteca en colaboración coa Universidade de Vigo, e alí recollimos información sobre algunhas das nosas científicas.




Pero a labor de recopilación e contraste de información continuou e debatiuse durante un par de días ata acadar un guión satisfactorio para o equipo e así pode elaborar o noso producto final.




Videos informativos sobre cada unha das mulleres científicas.

1. ADA LOVELANCE

2. BETTY HOLBERTON


3. JANE GOODALL


4. MARGARET HAMILTON


5. MARIE CURIE


Para ser unha das nosas primeiras investigacións o resultado e extraordinario.

RAPACXS NUNCA PERDADES ESTA CURIOSIDADE POR APRENDER, IDES POLO BÓ CAMIÑO!



6.2.22

LETRA R - RR

 A semana pasada coñecimos unha letra un tanto rebulideira: o R, pero moita atención porque como sabemos segundo desexemos que soe forte ou suave temos que ter coidado coa súa escritura.

Aquí vai un pequeno repaso a ritmo de canción:


E agora tedes que por en práctica todo o aprendido:
Ortografía r o rr, una ficha interactiva de cristinap
liveworksheets.com