23.12.21

LA MAGIA DE LA NAVIDAD

 Este nadal tivemos un pequeno reto que nos propuxo Nico despois de que alguén lle tocara.

Para que volvera aparecer no noso cole tivemos que facer unha historia de nadal cos cubos de contar historias.


Con moito mimo e delicadeza os nenos e nenas de primeiro foron tecendo a historia que titulamos: LA MAGIA DE LA NAVIDAD

Picade aquí para escoitar o resultado.



DISFRUTÁDEO

16.12.21

EL FANTASMA POLILLO

Durante todo o trimestre traballamos a igualdade de forma transversal en todas as materias de xeito implícito e explícito, sen centrarnos soamente na data do 25 de novembro. 
Así foi que esta semana saíu á luz a interpretación do poema: EL FANTASMA POLILLO de Carmen Gil, esta pantasma non é unha pantasma moi habitual, xa que está moi preocupada de ter o seu castelo " Como los chorros del oro"
As nenas e nenos de primeiro B fixeron a súa interpretación gráfica e oral de dito poema.



15.12.21

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 E chegamos a nadal... parece que foi onte cando chegabades cheos de nervios e incertidumes, porque pasar a primeiro era un cambio moi importante... e como sería a profe, e como teriamos que traballar con esa morea de libros, os cadernos...

Pero todo iso xa está superado, e formamos un gran equipo, o EQUIPO DE 1ºB!


Agora chega o nadal e temos que facer un descanso, para que? para asentar todo o aprendido e para recargar as enerxías e volver con moitas ganas para seguir aprendendo moreas de cousas.

Deixovos a continuación  unhas suxestións de libros, que nos envían dende BiblioPepiño , divididos por diferentes idades, dende pequenos ata maiores. Lembrade que é moi importante seguir lendo no nadal, porque así podemos viaxar a diferentes mundos de fantasía dende as nosas casas (que os tempos están complicados)


Xunto cos libros na vosa carta a Papa Noel podedes engadir algún xogo, para continuar practicando, casi sin darvos conta cousiñas das que facemos na clase, porque aprender xogando é moito máis divertido!


E como din en BiblioPepiño ...

O NADAL CUN XOGO E UNS LIBROS SERÁ MOITO MÁIS DIVERTIDO!



8.12.21

CHEGA O NADAL

 O día 1 de decembro as nosas mesas estaban cheas de maxia. Era un anticipo do que ía pasar minutos despois...





Poucos minutos despois de tocar a entrada o profe Gil subiu un paquete que acababa de chegar directo, e con carácter urxente para os alumnos e alumnas de primeiro.


Ao abrir o paquete atopamos, unha carta, lacrada e un paquetiño, cunha cousiña moi,  moi especial.





Un Elfo









Chegado de Laponia, axudante de Papa Noel, ven pasar uns días, ata Nadal, nas nosas aulas de Primeiro, a súa tarefa é controlar se os alumnos e alumnas de primeiro se esforzan en aprender cousiñas novas e en controlar como é o seu comportamento.

Tras ler a súa historia entre tod@s decidimos que se chamará Elfi e estamos encantados de que veña a visitarnos.

GRAZAS SANTA POR ENVIAR Á SANGRIÑA UNHA MIGUIÑA DE MAXIA

CORREO ESPECIAL

 A pasada semana estivo cargada de paquetes para a nosa aula.

O primeiro en chegar foi este paquete misterioso.


Dentro atopamos unha postal que nos envía Pepiño desde Bruxelas. Atópase nun congreso de Mulleres Pioneiras e precisa da nosa axuda para poder preparar a súa presentación.


Xunto coa postal envíanos a primeira pista a ver se podemos adiviñar de que muller se trata...


Tras indagar entre nos, descubrimos que se trata dunha huella dactilar, dunha persoa, non era a pegada de Pepiño. 

Pero comprobamos que todos temos pegadas moi, pero que moi parecidas.



Polo que esta pegada non nos aporta máis información.

Sabemos que se trata dunha persoa e concretamente unha muller, porque na postal Pepiño nos di que o congreso é de mulleres.

Pero teremos que agardar á seguinte pista para intentar esclarecer o misterio e así poder axudar a Pepiño.

AGARDAMOS CON ANSIA A CHEGADA DE NOVAS