25.11.23

VOCABULARIO DE VEXETAIS

Apetece facer un repasiño de vocabulario de vexetais? 

Lembrade que é moi importante comer cinco pezas de froitas e verduras ó día.

Estades preparados/as? Buscade as parellas correctas asociando nome e imaxe.

ADIANTE!

15.11.23

REPASO LECTOESCRITURA LETRA P

Ola chicos/as

Imos facer un pequeno repaso de vocabulario da letra P.

Comezamos?

13.11.23

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 O mes de novembro é o mes da ciencia en galego. E en BiblioPepiño, deixannos unha morea de actividades e propostas para investigar e experimentar.

Na biblio temos varias bandexas preparadas que nos servirán para realizar diversas experiencias. 


Pero ademáis podedes anotarvos e levar a mochila viaxeira científica.

Que non o sabíades? Aquí tedes o enlace para facer a vosa reserva.


E para rematar... imos escoitar un pequeno agasallo que nos fai a Xanela de Maxín e a súa toupiña:





DESCOMPOÑEMOS NÚMEROS

Ola rapazas e rapaces!

Imos facer un recordatorio de como podemos facer unha descomposición de números, e como a imos representar nun sol ou unha araña, según como se mire, 😊.

O número que temos que analizar e descompoñer vai a ser o que se atopa no centro do sol.

Neste caso farémolo co número 16:


A continuación podemos poñer, si se trata dun número par ou impar:


Podemos continuar analizando o número de decenas e unidades que o compoñen:

Tamén sabemos poñer os seus veciños:


E comezamos a pensar como o podemos descompoñer...
Podemos comezar por sumarlle algo a ese número para que o resultado sexa ese número...

Pero seguramente, tamén sexades capaces de saber a que número pertencen esa decena esas unidades...

E xa coa axuda da nosa taboa do 100 podemos saber a que número lle temos que sumar 10 para que o resultado sexa 16, a que si?

E igualmente sabemos a que número lle temos que quitar 10 para que o resultado sexa 16.

E a partir de aquí, botade a voar a vosa imaxinación e a descubrir múltiples combinacións para aumentar patas e mais patas á nosa araña.



Aquí tedes o resultado da araña que fixemos esta mesma mañá na clase.
Animádesvos a seguir practicando?