30.4.22

EXPOSICIÓN DE SELOS

 Durante o luns, martes e mércores puidemos disfrutar na entrada da nosa escola dunha exposición titulada "El mundo de los sellos". Facendo un percorrido dende o nacemento do selo, ata a actualidade, con mostras de selos moi especiais, de record, feitos con ouro, prata, cristais de swarovski... 

A maiores o encargado da exposición deunos unha sesión de formación onde repasamos o percorrido dunha carta, ou dun paquete, facendo fincapé no xeito en que temos que pagar ese envío, a través dun selo.

Escribimos a dirección no sobre e levamos a carta ó buzón de correos , a espera de que o carteiro as recollera e as distribuíra entre todos os destinatarios.

Unha actividade diferente e marabillosa.

Grazas a Federación española e sociedade filatélica por contar co noso centro para a súa exposición.



27.4.22

SEMANA DE DEPORTES

 A pasada semana tivemos a sorte de disfrutar dunha volta ao cole cheiña de actividades.

Dentro dos contratos programa EDU-SAÚDE podemos desfrutar de diferentes deportes que se practican na nosa contorna para así poder escoller o que mais se adecúe ós nosos gustos.

Esta semana tivemos:

O xoves visitamos as instalacións da Piscina Municipal e puidemos disfrutar dun baño, monitorizado en todo momento. Foi toda unha experiencia para moit@s.
GRAZAS ANA E LAURA

O venres continuaron as nosas actividades físicas, invitados polo Club Deportivo Baixo Miño, onde desenvolvemos unha clase de acercamento ao judo.

GRAZAS MÓNICA

Durante o mes de maio poderemos coñecer novos deportes...
ESTADES PREPARADOS?

19.4.22

DÍA DO LIBRO

Ola familias!
Dende BiblioPepiño están chegando unha chea de propostas para o Día do Libro, non deixedes de visitar o Blog e participar en elas. PREME AQUI



Sen vós estas datas non serían iguais.
ESPERAMOS A VOSA COLABORACION

7.4.22

REPASO CA-QUE-QUI-CO-CU

 Imos aproveitar o descanso de Semana Santa para facer un descanso e un repasiño da escritura con Ca- Que- Qui- Co-Cu.

Pero antes imos escoitar o Swing que tanto nos gusta.



Ca,co,cu,que,qui, una ficha interactiva de MAESTRIKA
liveworksheets.com

Lembrade que a mellor maneira de aprender como se escribe cada palabra é lendo e escribindo moito.
O contacto coas letras fai que a maxia se faga realidade.

1.4.22

VERMES DE SEDA

Dende fai dúas semanas temos na clase unha caixiña cuns vermiños moi pequeneiros, din que se convertirán en bolboretas para poñer ovos e volver a iniciar o ciclo da vida.


Os vermes de seda son moi especiais.

Os seus óvos comezan a eclosionar cando chega a primavera, as larvas (de apenas un par de milímetros) de cor negro están todo o día comendo. Pero... só comen follas de morera, sabedes que é a morera?




A morera é unha árbore de folla caduca, as súas follas comezan a agromar coa chegada da primavera, de feito os primeiros gromos son ideais para a alimentación dos vermes de seda porque son mais tenros que as follas de maior tamaño.



É importante que os vermes teñan sempre comida, porque pasan o día comendo.

Pouco a pouco irán medrando e poderemos vivenciar a súa metamorfose.

Aquí queda un pequeno adianto de todo o proceso.



Quero agradecer publicamente as miñas familias a súa colaboración, porque sin elas non sería posible desenvolver este proxecto, porque cada fin de semana levan para os seus fogares estes vermiños para seguir alimentándoos e prestándolles os coidados precisos.