30.10.23

LEMOS PALABRIÑAS

 Pasiño a pasiño imos coñecendo novas letras, como soan e como o fan se van acompañadas de diferentes vogais.

Aquí vos deixo algunha tarefa para que repasedes na casa.



O ABECEDARIO

 Como xa vimos na clase o abecedario da lingua galega, ten algunha letra menos que o abecedario de castelán. 

Podemos repasalo con esta canción?


Atréveste a cantar un pouquichiño?

 Dalle outra vez!


29.10.23

BIBLIOGRAFÍA PIRATA

 

En BiblioPepiño quérennos moi ben e trouxeron unha morea de novidades piratas, para os alumnos/as de primeiro e de cuarto.

Queredes velas? 

Algunhas xa chegaron á aula, pero outras están á vosa disposición na biblioteca do cole.










LETFLIX

 Navegando polo Instagram atopamos esta marabilla que nos comparte El Maestro Pin Pin Piticlín un panel de LETFLIX, é dicir, unha compilación de recursos de cada unha das letras do abecedario en castelán.

Deixovolo aquí ligado para que o vexades sempre que queirades.

GRACIÑAS POLA TÚA AMABILIDADE MAESTRO PINPIN PITICLÍN

PAR E IMPAR

 

 E despois de ver este video explicativo imos practicar un poquichiño.
Par e impar, an interactive worksheet by aaffbb
liveworksheets.com
Par-impar, an interactive worksheet by mariadoloresespinosa2
liveworksheets.com
Par e impar, an interactive worksheet by blbtimon
liveworksheets.com