31.10.21

INAUGURACIÓN DE BIBLIOPEPIÑO

 O venres 22 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito, moi, moi especial. Inaugurando a nosa biblioteca: BiblioPepiño.

No acto de inauguración entregamos a todo o alumnado o seu carné de lector e recibimos unha charla sobre as normas de funcionamento da biblioteca. 

Carnés coas cores da bandeira LGTBIQ+


Na inauguración tamén nos entregaron a mochila viaxeira, a cal comeza a viaxar ás vósas casas de xeito semanal.
 
Que é a mochila viaxeira?

A mochila viaxeira é unha mochila que está chea de aventuras que poderedes disfrutar e compartir en familia: libros, película, xogos…
Porque as lecturas e experiencias compartidas son moito máis divertidas!


Os alumnos/as de primeiro B poderemos visitar a biblioteca os luns  a cuarta hora, para facer tarefas de investigación e levar a cabo o intercambio de libros, películas…

Primeira visita a BiblioPepiño

SAMAÍN NA ESCOLA

 Esta semana celebramos o Samaín na nosa escola.


Sabédes que é o Samaín?

Samaín é a adaptación ao galego da palabra gaélica SAHMAIN, que significa fin do verán e inicio do inverno. Iso é o que celebraban os celtas hai máis de tres mil anos na noite do 31 de outubro ao  1 de novembro.

Era, un momento de transición no que as ánimas dos mortos  volvían a este mundo, segundo algúns con boas intencións e segundo outros con non tan

boas.

Algunas crenzas aseguran que os mortos volvían a visitar os familiares vivos, comer é quentarse co lume das lareiras, polo que era costume deixar comida e bebida na mesa, e o lume da lareira aceso toda a boite. E para guiar aos mortos ata os seus fogares na escuridade da noite, acendíanse fogueiras e caveiras de inimigos mortos.

Pero hai quen cre que esas caveiras se acendían para espantar as perigosas  ánimas defuntas errantes que volvían para saldar algunha conta pendente.

Posteriormente as caveiras foron substituídas por nabos de gran tamaño e cabazas que se baleiraban e pintaban para que respresentasen caras, e ás que se lle metía dentro unha candea. Así xurdiu a tradición das cabazas de Samaín.

Na clase de primeiro traballamos esta tradición de diversos xeitos.

Durante quince días fixemos diversas lecturas de temática monstruosa. Aquí tedes unha representación dos contos contados estes días. 


Na hora de plástica fixemos diversos monstros monstruosos co noso Kit de construcción.

Cada un deles mais terrorífico que o anterior.

E noutra xornada fixemos baile de cabazas, si, si, baile de cabazas. 

Mirade!


Fixémolo despois de colorear as nosas cabazas e … MAXIA, coa aplicación Quiver.




🎃FELIZ SAMAÍN🎃 

18.10.21

NÚMERO POSTERIOR

Se tes un pouco de tempo libre sempre podes aproveitar para exprimir un pouco o coco. 
Saberás qué número ven despois, de cada un dos que se plantexan na seguinte táboa? 
ADIANTE
Número posterior

RUTINAS DE AULA

Cada día ao chegar a clase, sacamos ao noso encargado e facemos a rutina diaria. En primeiro lugar vemos que día é hoxe no noso calendario:


Vemos que día é hoxe, que día e mañá e que día foi onte, deste xeito repasamos os sete días da semana.

A continuación montamos as sesións do horario de clase, xa que agora que estamos en primeiro temos varias asignaturas que van cambiando cada vez que toca o timbre.


As imaxes do horario visual de clase son de @mansdeouro.

DICTADO EXPLOSIVO

 Á volta da ponte do Pilar atopamos unha sorpresa ao chegar a clase. 

No encerado tiñamos nove globos, pero non estaban baleiros, dentro tiñan unha nota... 


Tiveron que explotalos e despois anotar no seu caderno os números que ían aparecendo, deste xeito fixemos un dictado numérico do máis EXPLOSIVO:


REPETIMOS?

2.10.21

DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA

Levamos dúas semanas de clase e o avance na descomposición de números é moi notable.
Na ficha que aparece a continuación podedes practicar un poquiño máis…


Numeración abn 1º primaria ficha 2

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

 A semana pasada celebrouse o día internacional das persoas xordas (28 de setembro) e o día da lingua de signos (23 de setembro) e decidimos introducir nas nosas rutinas a aprendizaxe de diversas palabras en lingua de signos, porque non todos podemos escoitar e non todos usamos a mesma lingua para comunicarnos.

O noso primeiro achegamento á lingua de signos foi aprendendo os sete días da semana coa seguinte canción.


SEGUIREMOS APRENDENDO

DESCUBRINDO OS VOLCÁNS

Esta semana adicamos as nosas investigacións ao mundo dos volcáns. Todos sabemos que na Illa da Palma o volcán de Cumbre vieja entrou en erupción o pasado 19 de septembro, pero tiñamos moitas preguntas:
- Que é un volcán?.
- Como se forma un volcán?
- O monte Trega é un volcán?
Pasiño a pasiño fomos descubrindo cousas moi interesantes.

Este é un dos vídeos que vimos na clase:



Tras ver este vídeo elaboramos o noso volcán no que temos recollidas todas as partes que forman o volcán. (Actividade de @sintizasyconrisas)


Fixemos maxia, xa que do debuxo dun volcán creamos… un volcán en erupción, gracias á aplicación de QUIVER VISION:



.

E como colofón final fixemos un súper experimento e o volcán de 1B entrou en erupción:



Ata aquí todo o que experimentamos coso volcáns.

NUNCA DEIXEDES DE APRENDER