8.12.21

CHEGA O NADAL

 O día 1 de decembro as nosas mesas estaban cheas de maxia. Era un anticipo do que ía pasar minutos despois...





Poucos minutos despois de tocar a entrada o profe Gil subiu un paquete que acababa de chegar directo, e con carácter urxente para os alumnos e alumnas de primeiro.


Ao abrir o paquete atopamos, unha carta, lacrada e un paquetiño, cunha cousiña moi,  moi especial.





Un Elfo









Chegado de Laponia, axudante de Papa Noel, ven pasar uns días, ata Nadal, nas nosas aulas de Primeiro, a súa tarefa é controlar se os alumnos e alumnas de primeiro se esforzan en aprender cousiñas novas e en controlar como é o seu comportamento.

Tras ler a súa historia entre tod@s decidimos que se chamará Elfi e estamos encantados de que veña a visitarnos.

GRAZAS SANTA POR ENVIAR Á SANGRIÑA UNHA MIGUIÑA DE MAXIA

CORREO ESPECIAL

 A pasada semana estivo cargada de paquetes para a nosa aula.

O primeiro en chegar foi este paquete misterioso.


Dentro atopamos unha postal que nos envía Pepiño desde Bruxelas. Atópase nun congreso de Mulleres Pioneiras e precisa da nosa axuda para poder preparar a súa presentación.


Xunto coa postal envíanos a primeira pista a ver se podemos adiviñar de que muller se trata...


Tras indagar entre nos, descubrimos que se trata dunha huella dactilar, dunha persoa, non era a pegada de Pepiño. 

Pero comprobamos que todos temos pegadas moi, pero que moi parecidas.



Polo que esta pegada non nos aporta máis información.

Sabemos que se trata dunha persoa e concretamente unha muller, porque na postal Pepiño nos di que o congreso é de mulleres.

Pero teremos que agardar á seguinte pista para intentar esclarecer o misterio e así poder axudar a Pepiño.

AGARDAMOS CON ANSIA A CHEGADA DE NOVAS

29.11.21

25 N Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres




O pasado 25 de novembro celebramos na escola o Día internacional da eliminación da violancia contra as mulleres, tod@s @s alumn@s en colaboración coas familias trouxeron ao centro mariposas moradas para adornar a nosa entrada e así conmemorar dita data.




Durante toda a semana na hora de lectura limos diferentes contos cos que traballamos a igualdade entre homes e mulleres.



Finalmente o venres traballamos co Dossier dos Bolechas pola igualdade.


Entre tod@s conseguiremos terminar con esta desigualdade. 
Porque todos e todas PODEMOS

LETRA S

 Esta semana avanzamos la lectoescritura, coñecendo unha nova letra o S.

O S é da familia das consoantes, e pode ir da man das cinco vogais. 

SA - SE- SI - SO -SU

Pero pode variar a súa posición e soar despois das vogais:

AS - ES - IS - OS -US

Deixovos un video de smile and learn para repasar palabras que comezan por S e ver como é a súa grafía.


Practicade moito a súa grafía que a letra S é un pouco rebuldeira.

28.11.21

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA EN GALEGO

A semana pasada celebrouse no centro a Semana da Ciencia na Biblioteca en galego, para conmemorar o:

Tivemos a gran sorte de disfrutar dun obradoiro con moita ciencia, da man de Lucía, mamá de tres alumn@s do noso centro. 
Ela é inxeñeira e grazas á súa sabiduría acercounos dun xeito moi apetecible a investigación e as inquedanzas da ciencia.

Durante o obradoiro poidemos facer varios experimentos, todos, todos xustificados científicamente:




Que acontece si botamos auga nun vaso e o comunicamos cun papel absorvente para outro vaso baleiro?









E se metemos o dedo cun pouco de lavavaixelas nun prato cheo de agua e pementa?

Maxia, a pementa escapa do dedo... por que?






Conseguiremos mesturar mel, aceite, lavavaixelas, auga e alcohol? 

Que pasa se remexemos?








E por último un dos experimentos mais visuais 👀 a creación dunha lámpada de lava!


Moitísimas grazas Lucía, por achegar os teus coñecementos científicos a tod@s os alumn@s da nosa escola.


O NOSO CORPO

Rematamos a semana cunha clases de ciencias moi, pero que moi especial.

Tivemos un modelo que vestiu a comiseta de Body Planet e coas tablets da biblioteca, puidemos ver como se fixo a maxia.

MAXIA? 

Si, si, mirade as fotos que temos a continuación.


Coas tablets puidemos descubrir como é o noso corpo por dentro, gracias á realidade aumentada: vimos os esqueleto: as vertebras, as costelas, a caixa torácica e o esternón. Pudimos observar os pulmóns, así como o sistema dixestivo ao completo.




Durante o mes de decembro seguiremos profundizando no corpo humano, aínda queda moito por aprender!





26.11.21

O CORPO HUMANO

Despois de traballar na escola as principais partes do corpo, as articulacións, partes da cara e os sentidos.
Deixovos un traballiño de repaso, animádevos a facelo!





Partes da cara, una ficha interactiva de Margafailde
liveworksheets.com