Este ano 2022 o Día das Letras Galegas adicouse a Florencio Delgado Gurriarán. Poeta da comarca de Valdeorras que tivo que emigrar dende moi novo a Francia e posteriormente a América, pero dende alí continuou defendendo a nosa cultura e lingua galega.
Podedes ampliar a información no Dossier pedagóxico que nos achegan os Bolechas.
Co material que nos enviaron dende os Bolechas, elaboramos un recitado de poemas, así como a decoración das súas láminas obtendo como resultado esta marabillosa presentación.
Foi moi divertido facer esta tarefa sobre o escritor Florencio Delgado Gurriarán.
Acabo de recibir un correo moi misterioso, Pepiño pídeme urxentemente que vos faga chegar esta información.
Ao parecer as cámaras de seguridade da escola notaron movementos estraños nas aulas de primeiro e na biblioteca, durante o sábado 23 de abril, lembrades que se celebraba? O día do libro si, si... e obtiveron estas imaxes.
Comprobade que na casa non fagan estas falcatruadas.
O venres cando estabamos a piques de marchar para a casa a profe Lourdes petou a nosa porta e entregounos un paquete. Nel había unha postal que nos enviaba Pepiño cunha nova pista sobra a Muller pioneira que nos toca investigar, aquí vos deixo todos os datos para que busquedes na casa posibles solucións:
Será suficiente con estas pistas? Ou Pepiño terá que enviarnos algunha mais?
Esta semana sairemos de dúbidas.
ANIMO RAPAZADA ESTAMOS A PIQUES DE CHEGAR AO FINAL
Acabamos de recibir un novo paquete de Pepiño, estivo moi atarefado co seu cambio de plumaxe, pero xa está de novo disposto e enviarnos información para acabar de resolver esta misión.
Estas son as fotos do aparello, ben estraño que chegou hoxe á nosa clase.
Unha riñonera?
Rumorean pola clase que se trata dun aparello para escalar, que non era unha riñonera, podedes investigar en que consiste?
E quen pode usalo?
Esperamos as vosas aportacións, Pepiño estará encantado de recibir toda a información posible.