7.3.23

AS PLANTAS

 Rematamos co animais, pero agora temos algo moi interesante que descubrir, o mundo das PLANTAS.


Herba, arbusto, folla caduca, talo, froito... cantas palabras liosas... 

Que vos parece se facemos un repasiño?



Seguro que agora está todo moito máis clariño.





5.3.23

SAÍDA A APÍPOLIS

 Ola rapazada, o próximo venres día 10 de marzo faremos unha saída moi especial...

Ahí vai unha pista...


Siiiii, imos de excursión a...

 APÍPOLIS!!!

Que é apípolis? 

Apípolis é unha granxa de abellas, onde aprenderemos cousas sorprendentes de estes insectos.

Pero para levar algo sabido, que vos parece si vemos uns videos sobre estes bichiños tan importantes na natureza...

Aquí volo deixo.




Con toda esta info xa estamos preparados para comezar a nosa expedición.

COMEZA A CONTA ATRÁS!

3.3.23

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 Este ano profundizamos un pouquiño mais na obra de Rosalía de Castro, lembramos a súa vida e a súa obra.

E recitamos un dos seus poemas: Airiños, airiños, aires...


Pinchade no enlace para escoitar a nosa interpretación:

29.1.23

OS ANIMAIS

 Neste segundo trimestre comezamos a coñecer características dos animais.



Cales son domésticos? 

Cales son salvaxes?

Como son si teñen ósos? E se non os teñen?

E se comen carne? Ou se nacen dun ovo?


Seguro que despois de facer este pequeno repaso podedes responder a todas as preguntas.




loadliveworksheet(693103,'icrpjmjh',1413,'es',1163901);

18.12.22

FESTIVAL DE NADAL

Continuamos cos preparativos para o festival de Nadal.

Aquí tedes a programación para os próximos días.


Agardámosvos!

6.12.22

FESTIVAL DE NADAL

 Xa queda pouquiño para que remate o trimestre e este ano temos moitas novidades.

Haberá FESTIVAL DE NADAL, pero para que todo saia perfecto teremos que ensaiar duramente neste tempo que nos queda.

Aquí tedes o karaoke da canción que interpretarán xs alumnxs de segundo.


Practicade moito! 

COMEZA A CONTA ATRÁS

Decembro en BiblioPepiño

 Os mes de decembro ven cargadiño actividades na nosa biblioteca.