6.6.23

DESCANSOS ACTIVOS

 Os descansos activos son momentos de reconexión nos que interrumpimos a actividade lectiva para reconectar na atención e concentración.

Para iso realizamos actividades de movemento como a que presentamos a continuación:

Unha vez feito este descanso xa estamos preparados para reconectar coas tarefas da aula.

28.5.23

A MATERIA E OS MATERIAIS

Hoxe na clase de ciencias imos traballar: A MATERIA E OS MATERIAIS así como as súas características:
COMEZAMOS!






E agora imos facer algún exercicio para practicar:


Materia, una ficha interactiva de Ruben_Perez
liveworksheets.com
Repaso materia, una ficha interactiva de Chelo1112
liveworksheets.com

30.4.23

RESTAS CON LEVADAS

Repasamos as restas con levadas.

Podemos facelas de dous xeitos con ascensor ou sin el, ambas opcións son válidas polo que podes facelas da forma que te resulte máis sinxelo.

Aquí tes a explicación de como facelo dende o minuendo.


E aquí o exemplo de como facelo con ascensor ou tobogán.


E aquí ambas técnicas:


E como a teoría xa a sabemos... que vos parece si practicamos un pouquichiño?


REPASAMOS A HORA

Esta semana comezamos a traballar a hora.

En primeiro coñecimos os tipos de reloxos: dixital e analóxico. E ademais aprendimos a interpretalos sabendo cando é unha hora en punto e cando son e media. Este ano damos un pasiño mais e aprendemos os cuartos. Aquí temos un pequeno repaso para non esquecelo e algúns exercicios para practicar.


Despois de este repaso, imos cos exercicios.


Relojes, una ficha interactiva de marnitram
liveworksheets.com
El reloj, una ficha interactiva de aruizmar
liveworksheets.com
Ficha 4-9, una ficha interactiva de sextob2021
liveworksheets.com
Ficha 4-9, una ficha interactiva de sextob2021
liveworksheets.com

16.4.23

TIPOS DE PAISAXES

Durante o segundo trimestre os nenxs de segundo B estiveron traballando os diferentes tipos de paisaxes, ca profe Virginia na clase de Ciencias Sociais.


Que vos parece todo o que aprenderon e o ben representado que quedou nestas maquetas elaboradas en grupos?






Bo traballo rapaces/as!

31.3.23

COMO SE FAI O VIÑO?

Na materia de ciencia sociais traballamos diversos oficios e profesións, e aproveitamos para invitar ás familias do noso alumnado para que nos conten en que consisten os seus traballos.

Nesta ocasión visitounos Rubén, o papá de Inés. Rubén é Adegueiro na adega Altos de Toroña e tivemos a sorte de que nos contou con moito detalle como é a elaboración do viño.


Moitísimas grazas Rubén!

29.3.23

SAÍDA FLORES TOXAL

 Como broche de ouro á nosa unidade das plantas, e en colaboración co Proxecto Documental de Centro: A Guarda é vida, o pasado 24 de marzo visitamos a empresa Flores Toxal. 

Unha empresa encargada de distribuir flor cortada por todo o territorio español.


Aquí aprendimos moitísimas cousas das plantas, as súas partes, como  medran, como as conservan tras ser cortadas e como van cambiando de sitio a medida que van medrando.


Non hai nada como aprender experimentando.