17.9.23

HORARIO 1ºB

 Xa levamos uns días navegando, aquí temos a concreción dos nosos puntos diarios.


Poderá haber cambios de inesperados, pero en xeral esta será a nosa ruta.

FELIZ VIAXE!

10.9.23

DESCANSOS ACTIVOS PARA GRUMETES

Para ser un bo grumete non podemos baixar a garda. 

Debemos estar atentos e prestar a máxima atención en todo momento.

Imos ir practicando algunha danza que nos axudará a non perder detalle.




8.9.23

EMBARCAMOS!!!

Benvidos grumetes!!!


Quedan tres días para a nosa partida por mares e océanos lonxanos.  
Na nosa mochila non pode faltar unha chea de ilusión e curiosidade, porque... sabedes que a curiosidade é a chave para novos descubrimentos?
Pois ben; lembrade vir ben cargadiños...

Aquí queda todo o material necesario para embarcar.


Así como as normas que debemos seguir a bordo.


O noso menú durante a singladura será o seguinte:


LEMBRADE:

BOA VIAXE GRUMETES!


5.7.23

FELICES VACACIÓNS

 Rematamos o meu primeiro ciclo impartindo educación primaria. 

Teño sentimentos encontrados, de pena e alegría, pena por non poder continuar con vós e alegría porque sei que estades máis que preparados para afrontar o paso a terceiro. 

Seguiredes sendo os meus pitiños sempre.


Desfrutade das vacacións!

Vémonos en setembro.



13.6.23

FIGURAS E CORPOS XEOMÉTRICOS

Nestes últimos días estamos repasando as figuras e corpos xeométricos.

Cal é a súa diferenza?

Nestes videos temos unha clara explicación.



Imos facer un pequeno repaso...

DESCANSOS ACTIVOS

 Engadimos novos bailes ó noso repositorio de descansos activos, por si queredes seguir practicando na casa.




ADIANTE!!!

6.6.23

DESCANSOS ACTIVOS

 Os descansos activos son momentos de reconexión nos que interrumpimos a actividade lectiva para reconectar na atención e concentración.

Para iso realizamos actividades de movemento como a que presentamos a continuación:

Unha vez feito este descanso xa estamos preparados para reconectar coas tarefas da aula.