E aquí o exemplo de como facelo con ascensor ou tobogán.
E aquí ambas técnicas:
liveworksheets.com
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Esta semana comezamos a traballar a hora.
En primeiro coñecimos os tipos de reloxos: dixital e analóxico. E ademais aprendimos a interpretalos sabendo cando é unha hora en punto e cando son e media. Este ano damos un pasiño mais e aprendemos os cuartos. Aquí temos un pequeno repaso para non esquecelo e algúns exercicios para practicar.
Despois de este repaso, imos cos exercicios.
Durante o segundo trimestre os nenxs de segundo B estiveron traballando os diferentes tipos de paisaxes, ca profe Virginia na clase de Ciencias Sociais.
Que vos parece todo o que aprenderon e o ben representado que quedou nestas maquetas elaboradas en grupos?
Na materia de ciencia sociais traballamos diversos oficios e profesións, e aproveitamos para invitar ás familias do noso alumnado para que nos conten en que consisten os seus traballos.
Nesta ocasión visitounos Rubén, o papá de Inés. Rubén é Adegueiro na adega Altos de Toroña e tivemos a sorte de que nos contou con moito detalle como é a elaboración do viño.
Como broche de ouro á nosa unidade das plantas, e en colaboración co Proxecto Documental de Centro: A Guarda é vida, o pasado 24 de marzo visitamos a empresa Flores Toxal.
Unha empresa encargada de distribuir flor cortada por todo o territorio español.
Rematamos co animais, pero agora temos algo moi interesante que descubrir, o mundo das PLANTAS.
Que vos parece se facemos un repasiño?
Ola rapazada, o próximo venres día 10 de marzo faremos unha saída moi especial...
Ahí vai unha pista...
APÍPOLIS!!!
Que é apípolis?
Apípolis é unha granxa de abellas, onde aprenderemos cousas sorprendentes de estes insectos.
Pero para levar algo sabido, que vos parece si vemos uns videos sobre estes bichiños tan importantes na natureza...
Aquí volo deixo.
Con toda esta info xa estamos preparados para comezar a nosa expedición.
COMEZA A CONTA ATRÁS!