
liveworksheets.com
liveworksheets.com

Esta semana comezamos a traballar a hora.
En primeiro coñecimos os tipos de reloxos: dixital e analóxico. E ademais aprendimos a interpretalos sabendo cando é unha hora en punto e cando son e media. Este ano damos un pasiño mais e aprendemos os cuartos. Aquí temos un pequeno repaso para non esquecelo e algúns exercicios para practicar.
Despois de este repaso, imos cos exercicios.
Durante o segundo trimestre os nenxs de segundo B estiveron traballando os diferentes tipos de paisaxes, ca profe Virginia na clase de Ciencias Sociais.
Que vos parece todo o que aprenderon e o ben representado que quedou nestas maquetas elaboradas en grupos?
Na materia de ciencia sociais traballamos diversos oficios e profesións, e aproveitamos para invitar ás familias do noso alumnado para que nos conten en que consisten os seus traballos.
Nesta ocasión visitounos Rubén, o papá de Inés. Rubén é Adegueiro na adega Altos de Toroña e tivemos a sorte de que nos contou con moito detalle como é a elaboración do viño.
Como broche de ouro á nosa unidade das plantas, e en colaboración co Proxecto Documental de Centro: A Guarda é vida, o pasado 24 de marzo visitamos a empresa Flores Toxal.
Unha empresa encargada de distribuir flor cortada por todo o territorio español.
Rematamos co animais, pero agora temos algo moi interesante que descubrir, o mundo das PLANTAS.
Que vos parece se facemos un repasiño?