22.9.24

APRENDEMOS A FACER SUDOKUS

Os sudokus son pequenos pasatempos que nos axudan a desenvolver diversos aspectos cognitivos: organización, atención, secuenciación... polo que os temos integrados na aula para facer unha vez rematamos certas tarefas.

Co seguinte video podedes repasar as súas características.


E agora, que vos parece facer algún sudoku?
Ahí van:

Sudoku, an interactive worksheet by RCarrera
liveworksheets.com
Sudoku 1, an interactive worksheet by Marlen Pérez Ramírez
liveworksheets.com


5.9.24

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 24-25

 Tras a reunión mantida no día de hoxe deixo á vosa disposición toda a información de interese para que poidades consultala en calquera momento.


LISTAXE DE MATERIAL

DEGUSTACIÓN DE MERENDAS

HORARIO DE APERTURA DE COCIÑA

Presentasenos un curso do mais apetitoso!



4.9.24

INICIO DE CURSO 2024-2025

 Bo día familias.

Xa temos casi todo preparado para comezar.

 Mañá xoves 5 de setembro teremos a reunión inicial ás 10:00 na nosa aula, coa finalidade de dar pinceladas básicas para este curso que promete ser moi saboroso.




16.6.24

FIN DE PROXECTO, UN COLE DE CONTO

 O noso fin de proxecto xa está aquí, aprendimos un montón de cousas neste curso pirata, e rematamos recitando uns versos de Carmen Gil do seu libro "El libro de los piratas"


Os nosos poemas elexidos son os seguintes e moi pronto poderedes disfrutar deles no blog de BiblioPepiño



Estade atentos/as!




1.5.24

CHISTES PARA PARTIRSE DE RISA

 Seguimos coñecendo novas retahilas de tradición oral.

Esta vez aprendemos unha morea de chistes... aquí tedes a nosa gravación.

Clicade na imaxe para escoitar aos peques de primeiro con toda a súa gracia.



15.4.24

GRAVACIÓN DE TRABALINGUAS

 Xa está aquí a nosa primeira gravación de trabalinguas.

Menuda liada que montamos!

Queres escoitarnos?

Pica na imaxe e a ver se eres capaz de facelo mais rápido ca nos!



CHISTES

 Seguimos traballando diferentes tipos de textos, esta vez tócalle aos chistes: pequenos ditos ou ocorrencias graciosos.

Estades preparados para botar unhas risotadas?


COMEZAMOS!

Graciñas a @pequefelicidad por facer unha selección tan marabillosa.