31.10.21

SAMAÍN NA ESCOLA

 Esta semana celebramos o Samaín na nosa escola.


Sabédes que é o Samaín?

Samaín é a adaptación ao galego da palabra gaélica SAHMAIN, que significa fin do verán e inicio do inverno. Iso é o que celebraban os celtas hai máis de tres mil anos na noite do 31 de outubro ao  1 de novembro.

Era, un momento de transición no que as ánimas dos mortos  volvían a este mundo, segundo algúns con boas intencións e segundo outros con non tan

boas.

Algunas crenzas aseguran que os mortos volvían a visitar os familiares vivos, comer é quentarse co lume das lareiras, polo que era costume deixar comida e bebida na mesa, e o lume da lareira aceso toda a boite. E para guiar aos mortos ata os seus fogares na escuridade da noite, acendíanse fogueiras e caveiras de inimigos mortos.

Pero hai quen cre que esas caveiras se acendían para espantar as perigosas  ánimas defuntas errantes que volvían para saldar algunha conta pendente.

Posteriormente as caveiras foron substituídas por nabos de gran tamaño e cabazas que se baleiraban e pintaban para que respresentasen caras, e ás que se lle metía dentro unha candea. Así xurdiu a tradición das cabazas de Samaín.

Na clase de primeiro traballamos esta tradición de diversos xeitos.

Durante quince días fixemos diversas lecturas de temática monstruosa. Aquí tedes unha representación dos contos contados estes días. 


Na hora de plástica fixemos diversos monstros monstruosos co noso Kit de construcción.

Cada un deles mais terrorífico que o anterior.

E noutra xornada fixemos baile de cabazas, si, si, baile de cabazas. 

Mirade!


Fixémolo despois de colorear as nosas cabazas e … MAXIA, coa aplicación Quiver.




🎃FELIZ SAMAÍN🎃 

Ningún comentario:

Publicar un comentario