9.11.21

BÚSQUEDA DE FONDOS NA BIBLIOTECA DO COLE

 Este ano de cambio a primaria caracterízase por múltiples cambios no cole, un deles é que teredes unha hora á semana para acudir á biblioteca do cole, dentro do horario lectivo. 

Ás veces resulta un pouco complicado saber localizar un libro na biblioteca, polo que vos vou explicar polo miúdo como podedes facer dende as casas para consultar o catálogo da biblioteca e comprobar si hai un libro na biblioteca, e de ser así cal é a súa dispoñibilidade.

Podedes entrar directamente pincando na imaxe como esta situada aquí á dereita.


A continuación aparecerá a seguinte pantalla, onde debemos comprobar que nos atopamos na biblioteca do noso centro.

.



Unha vez dentro da páxina do cole, podemos facer a búsqueda por múltiples variables: título, autor, materia…. Esto modificarémolo no seguinte despregable:


Seguidamente escribiremos na ventá seguinte o título do libro, película, xogo… que queremos buscar na biblioteca e pinchar na lupa da dereita para facer a búsqueda.

.

A continuación aparecerá unha listaxe con todos os fondos relacionados coa búsqueda. Se o título buscado non aparece podemos modificar a búsqueda e intentar atopalo por autor, isbn… de non aparecer na listaxe é porque non existe na biblioteca do centro.

A continuación picamos no título que nos interesa e comprobamos si está dispoñible ou si está emprestado, de ser así aparece a data na que debería ser devolto á biblioteca.


Deste xeito dende a casa poderedes comprobar si dispoñemos de algún dos libros que vos interesen.


OS NEN@S QUE LEN SERÁN ADULTOS QUE PENSAN

Ningún comentario:

Publicar un comentario