15.12.21

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 E chegamos a nadal... parece que foi onte cando chegabades cheos de nervios e incertidumes, porque pasar a primeiro era un cambio moi importante... e como sería a profe, e como teriamos que traballar con esa morea de libros, os cadernos...

Pero todo iso xa está superado, e formamos un gran equipo, o EQUIPO DE 1ºB!


Agora chega o nadal e temos que facer un descanso, para que? para asentar todo o aprendido e para recargar as enerxías e volver con moitas ganas para seguir aprendendo moreas de cousas.

Deixovos a continuación  unhas suxestións de libros, que nos envían dende BiblioPepiño , divididos por diferentes idades, dende pequenos ata maiores. Lembrade que é moi importante seguir lendo no nadal, porque así podemos viaxar a diferentes mundos de fantasía dende as nosas casas (que os tempos están complicados)


Xunto cos libros na vosa carta a Papa Noel podedes engadir algún xogo, para continuar practicando, casi sin darvos conta cousiñas das que facemos na clase, porque aprender xogando é moito máis divertido!


E como din en BiblioPepiño ...

O NADAL CUN XOGO E UNS LIBROS SERÁ MOITO MÁIS DIVERTIDO!



Ningún comentario:

Publicar un comentario