9.1.22

RECORDATORIO NORMAS COVID

 E nun abrir e pechar de ollos as vacacións de nadal están a piques de rematar.
Mañá voltamos á escola con moita incertidume, temos con nós a sexta onda da pandemia. A incidencia de contaxios por covid está en aumento e estamos vendo que a súa velocidade de transmisión é tremendamente rápida, polo que dun xeito gráfico me gustaría recordarvos as normas que debemos seguir de xeito moi estricto durante estes días:

1. Debemos levar en todo momento a nosa máscara posta, só a poderemos quitar en momentos puntuais e mantendo distancia de seguridade entre os compañeir@s:

2. Levaremos a cabo a desinfección de mans en varios momentos da mañá para garantir a súa hixiene:


3. No momento da merenda, que se levará a cabo na hora do patio, na zona exterior, manteremos a distancia de seguridade cos nosos compañeir@s:


4. É moi importante levar a cabo unha valoración diaria no fogar, e si temos algúns dos síntomas compatibles co covid(tos, mocos, malestar...) comunicalo ao centro e falar coa pediatra:


Entre tod@s faremos que a volta á escola sexa segura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario