25.3.22

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 O 21 de marzo celébrase o DIA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN


E contribuímos a súa visualización e coñemento. 


Tod@s trouxemos os nosos calcetíns desparellados, para reivindicar que todos somos TAN DIFERENTES COMO IGUAIS.


Para rematar o día fixemos a lectura do conto PEPITA ES ESPECIAL, no que relata agarimosamente como é a convivencia cunha irmá con Síndrome de Down e cales son as súas características especiais.




24.3.22

DÍA DA POESÍA

 O pasado 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Poesía. Na nosa clase celebrámolo interpretando o poema: A MONA FUTBOLISTA de Carmen Gil.

Este poema forma parte dunha recopilación de textos coeducativos, que nos axudan a traballar a igualdade de xénero dentro da nosa aula.

Pode unha mona xogar ao fútbol? Qué pasará na sabana cando os seu compañeiros vexan a súa afección?

Escoitade o poema e teredes as respostas.


Feliz Día da Poesía

18.3.22

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

O pasado día 14 de marzo conmemorouse o Día internacional das matemáticas, por coincidir cas primeiras cifras do número pi (3.14)

Para conmemoralo tivemos na biblioteca do centro unha sesión de lóxica matemática dirixida pola profesora do IES A Sangriña, Paula Orta, ademáis nai dun alumno do noso centro.

Nesta sesión de matemáticas manipulativas fixemos tarefas de lóxica e coñecemento de conxuntos. 

Foi unha xornada moi entretida e produtiva, porque si algo sabemos na nosa clase é que a mellor maneira de aprender é divertíndonos, xogando e manipulando.


GRAZAS PAULA

10.3.22

AS PLANTAS

 E neste mes de febreiro investigamos e descubrimos unha chea de cousas sobre as plantas. 

Podedes ver na entrada de O NOSO XARDÍN todas as dúbidas que nos xurdiron ao comezo do noso proxecto. Son seres vivos?, son todas iguais?, por que unhas teñen follas e outras non? 

Nun primeiro momento investigamos en diferentes soportes:

🌱Vídeos:

🌱LIBROS

🌱EXPERIENCIAS

Con toda esta información cubrimos o noso Flipbook sobre as plantas.

Onde guardamos datos como: partes das plantas, tipos de plantas…


E finalmente fixemos unha pequena reportaxe con todo o aprendido. 

Pinchade na imaxe para ver o resultado:



BO TRABALLO RAPACXS



9.3.22

XOGO DA MIÑOCA

Dentro do programa Revitaliza, tivemos a sorte de participar nunha sesión do XOGO DA MIÑOCA, en que consistiu? 

Nun gran taboleiro estaban dispostas diferentes casiñas.



Coñecimos que son as miñocas, e cal é a súa función dentro dun composteiro, e como é o coidado e os elementos que debemos votar para obter un bo compost.

Nalgunhas das casiñas fomos retados a facer unha axeitada clasificación do lixo en diferentes contenedores, así como a saber que debemos facer con diversos elementos como o aceite, as menciñas...



Aprendimos un montón