O pasado día 14 de marzo conmemorouse o Día internacional das matemáticas, por coincidir cas primeiras cifras do número pi (3.14)
Para conmemoralo tivemos na biblioteca do centro unha sesión de lóxica matemática dirixida pola profesora do IES A Sangriña, Paula Orta, ademáis nai dun alumno do noso centro.
Nesta sesión de matemáticas manipulativas fixemos tarefas de lóxica e coñecemento de conxuntos.
Foi unha xornada moi entretida e produtiva, porque si algo sabemos na nosa clase é que a mellor maneira de aprender é divertíndonos, xogando e manipulando.
GRAZAS PAULA
Ningún comentario:
Publicar un comentario