Durante o luns, martes e mércores puidemos disfrutar na entrada da nosa escola dunha exposición titulada "El mundo de los sellos". Facendo un percorrido dende o nacemento do selo, ata a actualidade, con mostras de selos moi especiais, de record, feitos con ouro, prata, cristais de swarovski...
A maiores o encargado da exposición deunos unha sesión de formación onde repasamos o percorrido dunha carta, ou dun paquete, facendo fincapé no xeito en que temos que pagar ese envío, a través dun selo.
Escribimos a dirección no sobre e levamos a carta ó buzón de correos , a espera de que o carteiro as recollera e as distribuíra entre todos os destinatarios.
Unha actividade diferente e marabillosa.Grazas a Federación española e sociedade filatélica por contar co noso centro para a súa exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario