1.4.22

VERMES DE SEDA

Dende fai dúas semanas temos na clase unha caixiña cuns vermiños moi pequeneiros, din que se convertirán en bolboretas para poñer ovos e volver a iniciar o ciclo da vida.


Os vermes de seda son moi especiais.

Os seus óvos comezan a eclosionar cando chega a primavera, as larvas (de apenas un par de milímetros) de cor negro están todo o día comendo. Pero... só comen follas de morera, sabedes que é a morera?




A morera é unha árbore de folla caduca, as súas follas comezan a agromar coa chegada da primavera, de feito os primeiros gromos son ideais para a alimentación dos vermes de seda porque son mais tenros que as follas de maior tamaño.



É importante que os vermes teñan sempre comida, porque pasan o día comendo.

Pouco a pouco irán medrando e poderemos vivenciar a súa metamorfose.

Aquí queda un pequeno adianto de todo o proceso.



Quero agradecer publicamente as miñas familias a súa colaboración, porque sin elas non sería posible desenvolver este proxecto, porque cada fin de semana levan para os seus fogares estes vermiños para seguir alimentándoos e prestándolles os coidados precisos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario