O equipo de investigadores de segundo B está profundizando na Aprendizaxe de anatomía, parte fundamental para o desenvolvemento de determinadas investigacións.
Fixemos a súa composición con puzzles do corpo, o sistema circulatorio e o esqueleto, onde colocamos o nome de numerosos osos que xa coñecemos: craneo, úmero, fémur, costelas, cúbito, radio, tibia, peroné, falanxes, pelve, vertebras...
Noutra das sesións tivemos a sorte de poder experimentar cun ESTETOSCOPIO, si, ese aparello extraño que usa a pediatra, non sabemos moi ben para que. Pois é para explorar o interior do noso corpo: comprobar si o noso ritmo cardiaco é axeitado, si a nosa respiración ten un ritmo estable e sen elementos que a obstruan...
Escoitamos o corazón dxs nosxs compañerxs e no noso. |
Pero as experiencias co noso corpo aínda non rematan aquí. A semana pasada a profe apareceu cunha caixa chea de cachibaches, camisetas, tarxetas e tablets.
Materiais de body planet |
Gracias ás aplicacións destes recursos, a través da Realidade Aumentada podeimos disfrutar dunha maravillosa viaxe polo interior do noso corpo: ver o esqueleto, o corazón... e incluso descubrir por qué todos temos embigo.
Ti sabes por que?
Foron un par de semanas moi emocionantes aprendendo, a través da experimentación cousas increíbles sobre o noso corpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario