8.9.25

NORMAS DE AULA

 Hoxe foi un día moi especial, 2ºB abriu as súas portas, de novo, para recibir a 15 rapaces e rapazas moi ilusionados.

O que eles non sospeitaban era que eu estaba igual, ou mais nerviosa ca eles.

O primeiro que fixemos foi presentarnos, e coñecer algunha curiosidade oculta de cada un de nos, sabedes que hai unha rapaza á que lle encanta o salmón con patacas cocidas??? Eu decanteime mais polo chocolate.

Pois ben, despois da ronda de presentacións, e intentar ordenar un pouco todo o material para este curso, que non era pouco...

Fixemos unhas normas básicas de convivencia para segundo B.

Deixovolas aquí para que as revisedes de vez en cando e non as esquezades.

Mañá asinaremos un contrato de compromiso. 
COMEZAMOSSSSSS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario