Benvidos a un novo curso!
Comezamos o curso 2026-2027 cunha aula chea de ilusión, sorrisos e, sobre todo, moitas ganas de aprender e compartir xuntos.
Pouquiño a pouco iremos coñecéndonos, descubrindo todo o que somos capaces de facer e enchendo a nosa clase de experiencias, xogos, retos, lecturas, descubrimentos e momentos especiais. Porque aprender tamén é preguntar, equivocarse, probar de novo, axudarnos e celebrar cada pequeno logro.
Temos por diante todo un curso para medrar xuntos, facer novos amigos e gozar de cada aventura que nos agarda.
Aquí está o noso pequeno gran equipo, preparado para comezar!
Benvidos e benvidas a Anaquiños da miña aula!Que comece a aventura do 2026-2027!

Ningún comentario:
Publicar un comentario