13.11.21

LETRA L

 Esta semana coñecimos unha nova letra.

Concretamente a consoante L. 

Imos analizala unha pouquiño: 

A letra l é unha letra voadora, tanto cando a escribimos en minúscula como en maiúscula (lembrade que todas as maiúsculas son voadoras). Pode ir acompañada das cinco vogais, tanto diante coma detrás delas: La, le, li, lo e lu. Al, el, il, ol, ul... o que aínda non vimos é que tamén pode ir da man de outras consoantes...          
Pero.... iso deixámolo para máis adiante.

Deixovos o video de smile and learn para que repasedes na casa.





12.11.21

OS CINCO SENTIDOS

 Na clase de ciencias introducimos os CINCO SENTIDOS: vista, oído, gusto, olfato e tacto.

Estivemos traballando e comprobando que órganos se asocian a cada un deles. No video que vos deixo a continuación poderedes repasar e ampliar a información que aprendimos hoxe na clase.


A próxima semana disfrutaremos dunha xornada sensorial por todo o alto na biblioteca do cole, en compañía do alumnado de primeiro A. 

Descansade e recargade enerxías.

BOA FIN DE SEMANA

10.11.21

DÍAS DA SEMANA

 Diariamente traballamos na asamblea os días da semana e a secuencia, de onte, hoxe e mañá. 

Con esta actividade podedes repasar e comprobar as aprendizaxes adquiridas.


Días de la semana, una ficha interactiva de Aliciahm
liveworksheets.com

MESES DO ANO

 Hoxe comezamos a traballar os meses do ano, como sabedes resulta un pouco complexo memorizalos. 

Deixovos unha canción para facer máis amena esta aprendizaxe.



9.11.21

BÚSQUEDA DE FONDOS NA BIBLIOTECA DO COLE

 Este ano de cambio a primaria caracterízase por múltiples cambios no cole, un deles é que teredes unha hora á semana para acudir á biblioteca do cole, dentro do horario lectivo. 

Ás veces resulta un pouco complicado saber localizar un libro na biblioteca, polo que vos vou explicar polo miúdo como podedes facer dende as casas para consultar o catálogo da biblioteca e comprobar si hai un libro na biblioteca, e de ser así cal é a súa dispoñibilidade.

Podedes entrar directamente pincando na imaxe como esta situada aquí á dereita.


A continuación aparecerá a seguinte pantalla, onde debemos comprobar que nos atopamos na biblioteca do noso centro.

.



Unha vez dentro da páxina do cole, podemos facer a búsqueda por múltiples variables: título, autor, materia…. Esto modificarémolo no seguinte despregable:


Seguidamente escribiremos na ventá seguinte o título do libro, película, xogo… que queremos buscar na biblioteca e pinchar na lupa da dereita para facer a búsqueda.

.

A continuación aparecerá unha listaxe con todos os fondos relacionados coa búsqueda. Se o título buscado non aparece podemos modificar a búsqueda e intentar atopalo por autor, isbn… de non aparecer na listaxe é porque non existe na biblioteca do centro.

A continuación picamos no título que nos interesa e comprobamos si está dispoñible ou si está emprestado, de ser así aparece a data na que debería ser devolto á biblioteca.


Deste xeito dende a casa poderedes comprobar si dispoñemos de algún dos libros que vos interesen.


OS NEN@S QUE LEN SERÁN ADULTOS QUE PENSAN

7.11.21

LETRA M

A semana pasada comezamos a traballar a escritura - lectura da letra M. 

Lembrade que cando se trata da m minúscula temos unha letra tranquila, pero si é maiúscula, pasa a ser unha letra voadora. 

Aquí vos deixo unha das cancións de repaso.


 Feliz domingo a tod@s!

4.11.21

SUMAS SINXELAS

 Pasiño a pasiño continuamos avanzando na adquisición de novas aprendizaxes. Esta semana comezamos coa realización das sumas, aquí tedes algunhas tarefas para practicar dende a casa.

Podedes facelas directamente na tablet/ordenador e comprobar si están correctas, para iso despois de rematar a tarefa pinchade en "terminado" e a continuación "comprobar mis respuestas"

BOA SORTE


Sumas, una ficha interactiva de BEGOMAESTRA
liveworksheets.com
Sumas, una ficha interactiva de silvanavero
liveworksheets.com