Os mes de decembro ven cargadiño actividades na nosa biblioteca.
6.12.22
6.11.22
O NOSO CORPO
O equipo de investigadores de segundo B está profundizando na Aprendizaxe de anatomía, parte fundamental para o desenvolvemento de determinadas investigacións.
Fixemos a súa composición con puzzles do corpo, o sistema circulatorio e o esqueleto, onde colocamos o nome de numerosos osos que xa coñecemos: craneo, úmero, fémur, costelas, cúbito, radio, tibia, peroné, falanxes, pelve, vertebras...
Noutra das sesións tivemos a sorte de poder experimentar cun ESTETOSCOPIO, si, ese aparello extraño que usa a pediatra, non sabemos moi ben para que. Pois é para explorar o interior do noso corpo: comprobar si o noso ritmo cardiaco é axeitado, si a nosa respiración ten un ritmo estable e sen elementos que a obstruan...
![]() |
| Escoitamos o corazón dxs nosxs compañerxs e no noso. |
Pero as experiencias co noso corpo aínda non rematan aquí. A semana pasada a profe apareceu cunha caixa chea de cachibaches, camisetas, tarxetas e tablets.
![]() |
| Materiais de body planet |
Gracias ás aplicacións destes recursos, a través da Realidade Aumentada podeimos disfrutar dunha maravillosa viaxe polo interior do noso corpo: ver o esqueleto, o corazón... e incluso descubrir por qué todos temos embigo.
Ti sabes por que?
Foron un par de semanas moi emocionantes aprendendo, a través da experimentación cousas increíbles sobre o noso corpo.
1.11.22
TOUPICIENCIA
Entramos no mes de novembro, mes no que se conmemora o "MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR" e dende BiblioPepiño en colaboración co equipo de Dinamización da Lingual Galega imos disfrutar dun obradoiro do mais científico.
25.9.22
PATIOS ACTIVOS
Esta semana comezamos, estades preparados?
8.9.22
RECREOS RESIDUOS 0
Ola familias.
Como comentei na reunión inicial este curso, dende o centro, imos apostar pola redución de residuos no planeta, aportando o noso gran de area intentando reducir os desperdicios das nosas merendas.
Imos traer a nosa merenda nun recipiente reutilizable, evitando papel, plásticos... e as botellas de auga trataremos que sexan reutilizables.
Aquí vos deixo o folleto do programa RESIDUOS 0 para maior información. Tedes tamén a proposta de calendario de merendas.
7.9.22
Horario
Ola familias!
Aquí tedes o horario coa distribución de materias para este curso 2022-2023.
Mañá faremos un para levar a casa.
5.9.22
REUNIÓN INICIAL
Aquí tedes a recopilación da información facilitada na primeira reunión, con todo o que precisades para este inicio de curso.
Deixovos a lista de material mais a man por si se despista a folla en papel.
E por outra banda información básica de funcionamente de centro/aula.
.png)














